Comentou Función Pública de cuestións referidas ao concurso (retirada de postos por vindeira amortización, concurso para o persoal que vén doutras Administracións, prazas que retiran e convocan en comisións de servizo...), condicións de traballo persoal a quendas de Benestar, convocatoria de proceso selectivo de persoal veterinario, procesos de integración e eleccións de destino pendentes.
A xuntanza foi en primiero lugar para informar ás organizacións sindicais dunha nova proposta de modificación da RPT de ATRIGA que vai o mércores 27 de maio a unha Mesa Xeral e a unha Comisión de Persoal Extraordinarias.
O motivo da urxencia desta situación ven dado porque por un erro metéronse no concurso de traslados de corpos xerais catro postos vacantes da ATRIGA en Servizos Centrais que están pendentes de amortización para a creación de tres novos postos nunha futura modificación que teñen pensado levar a negociación nos vIndeiros días. Estes postos serán amortizados de xeito inmediato e posteriormente os retirarán do buzón de postos do concurso.
Informou o director xeral que coa entrada en vigor da lei de Emprego Público de Galiza, Función Pública vai facer de oficio a resolución de integración como persoal da Xunta de Galiza do persoal provinte doutras administracións incorporado entre o 1 de xaneiro de 2011 ata o 18/09/2014. Son 106 persoas, a gran maioría LD e o resto de concurso. Con esa resolución estas persoas poderían participar no actual concurso de traslados.
Preguntouse por unha xefatura de sección de Educación que se quitou do concurso por futura amortización e que agora se ofertou en comisión de servizos. O director xeral xa sabía deste asunto e dixo que ía falar coa consellería de Educación a ver que pasa con este tema.
Solicitouse tamén que con respecto ás adscricións por motivos de saúde se incrementen os controis para evitar que estas poidan ser unha coladeira de traslados de localidade.
O mércores 27 de maio haberá unha xuntanza sobre as condicións de
traballo dos centros de Benestar. En xuño estará
aprobada a RPT e sinala o compromiso de Facenda de que serán cubertas
todas as novas prazas o antes posible.
Respecto á convocatoria de prazas de persoal veterinario teñen previsto
no mes de xuño aprobar o programa que rexerá as probas e convocar tamén
neses mes. En todo caso, anuncian que o exame non será antes do mes de
abril de 2016.
Informou tamén da convocatoria das comisións de seguimento das ordes de integración das Fundacións Comarcais, da Fundación Galicia Emigración e da Fundación Galicia Europa. A do IET enviarana nos vindeiros días pois a documentación relativa a este proceso de integración foi remitida o venres 22 pola consellería.
Na Mesa Xeral do mércores 27 dará información sobre a eleccións de
destino de Axentes forestais, da convocatoria de Gardacostas e da
elección de destino de Inspectores/as urbanísticos/as e Arquitectos/as
Ningún comentario:
Publicar un comentario