Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 13 de maio de 2015

Aberto o prazo para solicitar praza nas escolas infantís para fillos e fillas de 0 a 3 anos do persoal da Xunta

No DOG do 12 de maio publicase a Orde que regula o procedemento de adxudicación de prazas para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes desta axencia para o curso 2015/16.

O prazo de presentación de solicitudes, tanto de renovación de praza como de novo ingreso, será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoira está destinada só para o persoal da Xunta que traballe nos servizos centrais e nas xefaturas territorias de Pontevedra e Vigo. Para a conciliación da vida familiar e laboral deste persoal, a Xunta reserva unha serie de prazas na escola infantil de Vite de Santiago de Compostela, na escola infantil do Edificio Administrativo de Pontevedra e na escola infantil A Estrela do Complexo Administrativo de Vigo, respectivamente.

Mentres, o resto de persoal da Xunta non poden acceder a un beneficio semellante por non haber nin escola infantil no edificio administrativo nin prazas reservadas en escolas públicas próximas. Iso por non falar da cidadanía en xeral que, cos recortes operados nos servizos públicos e nos salarios, atopase hoxe con maiores dificultades de poder conciliar a vida familiar e laboral, eso de ter algunha destas vidas. Por último, deberían deixarse de concertar prazas en garderías privadas e potenciar a rede pública de garderías.

No caso de Vite, un dos aspectos máis críticos desta orde é a falta de adecuación ao novo escenario de flexibilidade laboral do persoal da Xunta e os peches programados da escola. Nestes peches, este ano dan a posibilidade de derivar o alumnado a calquera dos centros da localidade da rede de garderías do macrochiringo da Axencia de Servizos Sociais.  Neses casos de peches obrigados, esixen xustificación documental de estar traballando ou enfermidade grave. Porén, non devolven os cartos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario