Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

xoves, 21 de maio de 2015

Promoción Interna: comunicado conxunto da CIG, CCOO, UGT e CSIF

Ante a parálise nestes procesos e o enrocamento da Administración ao non querer admitir case nengunha das alegacións presentadas polas organizacións sindicais, hoxe, 21 de maio, as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as e na Mesa Sectorial de Funcionarios/as (CIG, CCOO, UGT e CSIF), presentamos un escrito por rexistro dirixido ao Conselleiro de Facenda e ao Presidente da Xunta para adopten medidas ao respecto.

No escrito salientamos que despois de cinco anos sen procesos de promoción interna, sumado isto a todos os recortes laborais e retributivos realizados polos gobernos galego e español, a carreira profesional e a promoción profesional dos empregados/as públicos/as vese gravemente danada.
A proposta deste goberno dun novo modelo de promoción interna, atenta gravemente contra o dereito dos empregados/as públicos/as á promoción profesional.

As catro organizacións sindicais non compartimos o novo modelo proposto pola Consellería de Facenda. Entendemos que os cambios efectuados na Promoción Interna son insuficientes e volvemos a solicitar a volta ao marco das últimas convocatorias. Non aceptamos un cambio que equipara baseado nunha comparación absurda coas últimas bases para o acceso libre. Reiteramos pois a necesidade de establecer a exención de aquelas probas encamiñadas a acreditar os coñecementos xa esixidos no corpo ou escala de orixe.

Por todo isto, as organizacións sindicais queremos sinalar que:

1. Queremos un sistema de promoción interna REAL e non ficticio.

2. Queremos un modelo de promoción interna que se asemelle ao anterior.

3. Queremos que a promoción interna non sexa un proceso tan gravoso como un de libre.

4. Creemos que a intención do Goberno é dificultar a promoción interna para deixar desertas as prazas.

5. Creemos que o Goberno quere deixar de lado a promoción interna ata implantar os sistemas subxectivos de promoción vertical da LEPG.

6. Queremos negociar unhas bases da promioción interna acordes á realidade. O goberno non quere negociar, só está disposto a realizar pequenas modificacións (redución dalgúns temas e duración dos exames, etc) que son os límites que o Goberno marca nesta negociación.

Descargar escritos presentado no rexistro

Comunicado ratificado polas 5 Xuntas de Persoal da Xunta de Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario