Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

mércores, 20 de maio de 2015

Concurso de traslados publicado no DOG: buzón de postos, cronograma e folla de autobaremo

Función Pública xa ten listo un novo apartado de "Concursos activos" onde, entre outros, podedes descargar o buzón de postos definitivo en formato de folla de cálculo, ademais de incluír un cronograma ben aquelado. Accede á información sobre o concurso.

21/05/2014: No buzón de postos faltan diversos campos que figuran nos listados do DOG: centro directivo, centro de destino, consellaría, Administracións ás que está aberta e corpo/escala. Contan telo actualizado para o 22/05/2014.

Hai algúns postos que non aparecen respecto ao último buzón xa que os retiraron por corresponder ás persoas adscritas por razóns de saúde ou violencia de xénero. Tamén existen outros que non localizaredes pero que están aí pois lle adaptaron o código á nova RPT. 

Tamén vos ofrecemos unha plantilla que vos pode resultar útil para calcular os vosos puntos, cortesía dun compañeiro de Ferrol.

Cumpre hamar a atención sobre os seguintes prazos da convocatoria:
  • 8 de xuño: data límite para presentar a solicitud/data límite para méritos e requisitos. No caso de non estaren interesados en ningún dos postos relacionados, farán constar os seus datos persoais e administrativos para os efectos de poder solicitar posteriormente os postos vacantes na fase de resultas.
  • 22 de xuño: publicación no web da Función Pública da relación de postos para a fase de resultas e comezo do prazo para solicitar postos na fase de resultas. 
  • 3 de xullo: data límite para presentar a solicitude na fase de resultas. Recorda: aínda que só vaias a esta fase tes que facer xa a solicitude indicando este extremo antes do día 8 de xuño.
  • Do 4 ao 24 de xullo: prazo para declarar conformidade/desconformidade cos datos do expediente electrónico. Conformidade: imprimir certificado e presentalo a Función Pública: Disconformidade: impreso de emenda con documtación dirixido aos Serivozs de Persoal.
  • Do 4 de xullo ao 18 de setembro: prazo dos servizos de persoal para expedir certificacións.
  • 24 de setembro: data límite para presentar certificacións a Función Pública
  • Poderase renunciar a participar no concurso nos vinte días seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da lista definitiva de admitidos e excluídos.
Por último, recolle o 


Ningún comentario:

Publicar un comentario