Traballadoras e traballadores dos centros de
menores, residencias de maiores e CAPD marcharon a pé este xoves dende a Ponte
da Pasaxe até a Xefatura Territorial de Traballo e Benestar na Coruña para
esixir a reposición do artigo 19 do V Convenio Colectivo do persoal laboral,
que regula os descansos, "e que foi secuestrado pola conselleira no ano
2012".
Con esta mobilización, convocada polo Comité de Traballo e Benestar da Coruña e
á que se sumou persoal da residencia de Sarria, dáse continuidade as múltiples
protestas que o colectivo está a realizar dende hai meses en demanda dunhas
quendas de traballo xustas, a cobertura de todas as ausencias e a dotación dos
medios necesarios para garantir unha atención de calidade.
Xan Carlos Ansía, representante da CIG no Comité, denunciou a falta de recoñecemento por parte da Consellaría do dereito ao descanso semanal deste persoal, que realiza xornadas abusivas e para quen “traballar nun domingo ou festivo non ten compensación, nin con tempo de descanso nin con cartos”.
A pesar dos conflitos colectivos gañados pola imposición das carteleiras abusivas dos anos 2013 e 2014, “a Consellaría mantén unha situación de explotación nas quendas de traballo e non cumpre co estabelecido nas sentenzas”. Neste senso, Ansia adiantou que a representación social tamén presentará reclamación contra as quendas marcadas para este ano “que volveremos gañar e a Consellaría seguirá a incumprir”.
A interlocución coa administración galega, engadiu, está totalmente pechada “porque non está disposta a negociar nin a recoñecer os nosos dereitos”. Por iso, unha das consignas máis berradas durante a marcha a pé referíase á petición da dimisión de Beatriz Mato.

Medios precarios
Xunto á falta de descanso, na protesta alertouse da precaria dotación de persoal dos centros, xa que non se están a cubrir as baixas nin as ausencias, provocando unha sobrecarga de traballo e xerando situacións de estres entre os traballadores/as. “Os centros están cada vez máis faltos de persoal e os/as residentes están cada vez máis desatendidos/as”, apuntaba Ansia.
Así mesmo, o representante sindical alertou do recorte paulatino nos medios dos que dispoñen os centros de atención directa, e que afecta dende o número de cueiros que se dispón para os/as usuarios/as, a comida ou as propias condicións das instalacións, mermando considerabelmente a calidade do servizo que se presta.
Así as cousas, as mobilizacións continuará nas diferentes provincias até que a Consellaría “teña a ben sentar a negociar e recoñecer os nosos dereitos”.
http://www.lavozdegalicia.es/
http://www.radiocoruna.com/
http://www.elidealgallego.com/
http://www.laopinioncoruna.es/
http://www.20minutos.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario