Entre todas as emendas parlamentares que presentou o PP ao seu propio proxecto lexislativo da lei de emprego público, destacan especialmente as feitas en materia de igualdade,. Destas medidas algunhas son novas e outras son modificacións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes (ver Disposición Derradeira terceira). Entre este repaso tiveron tempo de meter un punto desta disposición (o cuarto) dedicado con cariño á CIG.
No seu momento a CIG presentou un recurso contencioso-administrativo contra a Orde de flexibilidade e teletraballo (ampliada contra as instrucións que a desenvolvían) por vulneración do artigo 44 da lei 7/2004 no referido á flexibilidade por motivos familiares. Tendo en conta que o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza non se caracteriza pola súa rapidez á hora de resolver os contenciosos, instamos aos grupos parlamentares a presentar unha proposición non de lei que lle "invitase" á Xunta a cumprir esta norma legal. Desde a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais tamén se puxera en marcha a campaña Que non che quiten os venres, nos que ofrecíamos modelos de reclamación para presentar diante do Parlamento, Valedor e Comisión de Seguimento.
O cambio operado é sutil pero implica que agora é legal, por exemplo, non permitir flexibilizar por motivos familiares a xornada laboral un venres pola tarde. Todo o mundo sabe que esto non ten ningún sentido, nin material, nin de organización do traballo, senón simplemente normativo porque "na Administración Xeral do Estado faise así". Vai ser o único que a Xunta faga así porque na Administración Xeral do Estado o fan así xa que en temas como concursos, promocións internas, ou mesmo devolución da parte devengada da extra de 2012, non opera esta máxima.
En calquera caso, a diferenza é que onde antes puña que na flexibliidade se garantirá o "máximo horario de referencia posible" en función do centro e as lóxicas necesidades do servizo, agora queda en "o horario de referencia que se estableza regulamentariamente". E nese regulamento (que xa se fixo antes que a lei) temos un horario de referencia máximo ríxido, non en función do centro e necesidades do servizo senón simplemente en función de se traballas nun edificio administrativo (de 7:00 a 20:00h de luns a xoves e de 7:00 a 15:30 h os venres) ou en calquera outro centro (de 7:00 a 18:30h de luns a xoves e de 7:00 a 15:30 h os venres).
Agora xa pode sentenciar a gusto o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sen medo a "emendarlle a plana" á Xunta en materia de igualdade e familia.
O que resta é a loita que levábamos tamén coa flexibilidade estándar (a que non era por motivos familiares) e seguiremos reclamando, dentro dese marco regulamentario, a ampliación dese horario de referencia máximo para a flexibilidade laboral. É lóxico un marco de mínimos, que en todo centro se respecte, pero non ten sentido un marco de máximos cando hai centros nos que non sendo edificios administrativos é posible traballar máis aló das 18:30, cando non en todos, facelo un venres pola tarde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario