Os medios de comunicación secuéstrannos as nosas mobilizacións
Hai cousas que non ocorren por casualidade.
O venres 6 de marzo V Informativos emitiu unha boa reportaxe sobre as condicións inhumanas de traballo que sofrimos quen traballamos a turnos nos Centros da Consellería de Traballo e Benestar. O domingo 8 de marzo A Voz de Galicia emitiu o video no seu xornal dixital. A partires daí A Voz de Galicia sofriu un apagón informativo.
Queremos destacar a enorme importancia, dada a trascendencia pública que tiveron, os dous programas consecutivos que emitiu Radio Coruña Cadena Ser no seu programa “El Coruñes opina” sobre a Residencia de Oleiros.
O 18 de marzo, por vez primeira en Galicia, traballadoras e traballadores convocamos 20 concentracións en 20 centros de toda Galicia, reclamando que a Xunta de Galicia repoña o artigo 19 do Convenio para que deixen de imperar nos Centros da Consellería as condicións inhumanas de traballo que sofrimos dende o ano 2012. Todos os medios de comunicación recebiron unha nota informativa acompañada de fotos e videos pero para os grandes medios de comunicación galegos esas vinte concentracións non existiron.
O 14 de abril convocamos unha extraordinaria manifestación en Santiago de Compostela. Esa manifestación tampouco existiu, salvo para o xornal dixital Praza que fixo un excelente reportaxe, e salvo para un xornal non galego -El País- que, noutro excelente reportaxe, informaba de como a Consellería de Beatriz Mato tivo dúas sentenzas en contra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ao actuar dictatorialmente por non quer negociar unhas Carteleiras de traballo.
O 21 de abril volvimos concentrarmonos en 20 centros. Esas Concentracións que denuncian unha política inhumana chegan aos grandes medios de comunicación galegos e son secuestradas, ao igual que a Xunta de Galicia ten secuestrado o artigo 19.
Ademais de toda a información que vos envíamos, tamén solicitabamos poder contar unha tremenda realidade que se vive en Galicia, que vivimos en Galicia quen traballamos a turnos e somos explotados laboralmente, que non ocorre en Grecia ou en Venezuela, que ocorre aquí, na nosa terra, pero non houbo maneira. A resposta é o silencio. E o silencio é cómplice cando quer ocultarse unha realidade.
Xa que é imposíbel que na nosa terra informedes do que está a ocorrer, saímos fóra da nosa terra, e como exiliad@s que somos, fomos mellor acollidos fóra que na nosa casa.
E foi unha televisión estatal que, no seu programa “As mañás da Catro” deron voz para toda España aos que en Galicia non se nos pode escoitar.
Resulta escandaloso que os Medios de Comunicación Públicos non sirvan ao público senón ao Partido Popular, que non só ten voz no medio Público, senón que ten voz nos medios Privados.
Privados de qué, preguntamonos nós?.
Privados de liberdade.
Os grandes medios de comunicación galegos que presumides de defender a liberdade de información, estades totalmente dependentes da Xunta de Galicia.
A Xunta de Galicia está practicando unha política explotadora e desta explotación, non informades nada. Estades recibindo tanto diñeiro que está en custión a vosa credibilidade, e cando un medio de comunicación ten custionada a súa credibilidade, ten custionadas moitas cousas.
Todos somos Charlie?
En Galicia non.
PLATAFORMA POLA REPOSICIÓN DO V CONVENIO
Asinan este mnifesto 362 traballadoras e traballadores de todos os Centros da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
Asinan este mnifesto 362 traballadoras e traballadores de todos os Centros da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario