Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

martes, 26 de maio de 2015

Nova versión do buzón de postos e folla de cálculo para facer o baremo do concurso xeral de xeito automatizado

O día 22 de maio e o día 26 de maio colgaron novas verisóns do buzón de postos para o concurso de corpos xerais de persoal funcionario. Na do 22 incluían campos que faltaban e que viñan no listaxe de postos publicados no DOG como centro de destino ou centro directivo, entre outros. Faltaría unha columna coa consellaría aínda que se pode extraer das primeiras letras do código de cada posto.

Sería bo conservar as distintas versións ou canto menos incluír unha breve descrición dos cambios para facilitar o seguimento. Comparade as versións dos buzóns que descargárades. Na última, actualizada a 26/05/2015, recolle a modificación publicada no DOG dese mesmo día, no que inclúen un posto de nivel 14 en Santiago de Compostela pero sen máis explicacións.   Descargar buzón (actualizado 26/05/2015).

En principio este buzón vai quedar así aínda que coa modificación recente e urxente da RPT da ATRIGA poden acabar retirando 4 postos.

Achegamos tamén, por se vos resulta de utilidade unha folla de cálculo para facer de xeito automatizado o baremo dos vosos méritos neste concurso. Van dúas versións, unha compatible coa versión de excel 97-2003 e outra para versións posteriores. Non somos infalibles, así que se vedes algún erro, agradecemos que nolo comuniquedes para seguir mellorando.

Prestade atención aos comentarios que aparecen sinalados como marquiñas vermellas e nos menús depregabres. Os recadros onde hai que introducir información van sinalados en verde. Na seguinte ligazón podesdes descargar as últimas notas de corte dos postos máis demandados no concurso anterior.

Descargar baremo excel 97-2003(1)
Descargar baremo excel últimas versións (2)

(1) Revisión 27/05/2015: resolto o erro no sumatorio da cela D95 e incorporados limtes automáticos para puntuación máxima en todos os sumatorios intermedios: D3,D15,D40,D57,D67,D76,D84 e D93.

(1') Última revisión 28/05/2015: resolto o erro no sumatorio da cela D76 no caso que por erro se superase a puntuación máxima do apartado da titulación.

(2) Última revisión 27/05/2015: introducidos cambios nas filas D26, D27 e D28 no cálculo da base III.4.1 para prever as diferentes posibilidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario