Crearase moitas espectativas sobre os terceiros borradores das convocatorias de promoción interna de corpos xerais de persoal funcionario. Na Mesa Xeral do 13 de marzo comentara o director xeral de Función Pública que ían realizar "cambios substanciais" que ían na liña do demandado polos sindicatos e que mandaría os borradores en breve. A realidade é que nin mandou os novos borradores en breve, nin estes traen cambios substancias.
Dan un prazo para facer alegacións ata o 13 de maio, aínda que serán flexibles. Previsión de convocatoria maio/xuño. Non nos fiamos, se ben por primeira vez achegan uns borradores con data de realización do primeiro exercicio "non antes do 2 de novembro" co que agora si, poidería ser. Agora ben, vistos os precedentes, ata que estea publicado no DOG, non o creeremos.
Dan un prazo para facer alegacións ata o 13 de maio, aínda que serán flexibles. Previsión de convocatoria maio/xuño. Non nos fiamos, se ben por primeira vez achegan uns borradores con data de realización do primeiro exercicio "non antes do 2 de novembro" co que agora si, poidería ser. Agora ben, vistos os precedentes, ata que estea publicado no DOG, non o creeremos.
Foron 9 meses desde os anteriores borradores e tanto agardar para uns cambios que distan moito de ser significativos; o modelo de promoción interna é exactamente igual ao que formulaban desde un principio: manteñen o mesmo número e tipo de exercicios que nos anteriores borradores; o mesmo número de exercicios que para acceso libre. Que vantaxe ter pois nesta Administración ter aprobado unha oposición?
Di o director xeral da Función Pública que non é unha proposta pechada, que aceptan discutir cambios, pero sempre que as nosas propostas non afecten ao modelo que van presentar, que non o van modificar. Esta postura incumpre así o artigo 24 do Decreto 93/1991 que recolle que nas
convocatorias para o acceso a corpos ou escalas por este procedemento
[promoción interna] deberá establecerse a exención de probas encamiñadas
a acreditar os coñecementos xa esixidos no corpo ou escala de orixe.
Na fase de oposición quitan algúns temas tanto dos primeiros como sucesivos execercicios (de xeito común a lei de racionalización do sector público galego caese dos exercicios de todos os subgrupos), eliminan a lectura pública do último (no caso do A1 e A2) e na fase de concurso quitan a limitación de 8 anos para a valoración dos cursos, así como pasan a valora os cursos de idiomas das Escolas Oficiais de Idiomas (algo que se manteñen férreos a cambiar no borrador da convocatoria de concursos de traslados) e pouco máis.
Como lle dicíamos ao conselleiro de Facenda, non poden deixar 5 anos sen convocar as sucesivas prazas de promoción interna separada nas Ofertas de Emprego Público e vir agora a rachar co modelo das últimas dúas convocatorias de promoción interna (2007 e 2009) sen máis explicación; nestas dúas últimas convocatorias había exactamente un exercicio menos que en acceso libre e estos eran realmente obxectivos pois eran de tipo test. Aínda por riba, precisamente agora, despois dun contexto de sucesivos recortes nos nosos dereitos, queren recortar tamén o noso lexítimo dereito á promoción profesional?
Ningún comentario:
Publicar un comentario