Sindicato Nacionalista de Clase

Sindicato Nacionalista de Clase

luns, 11 de maio de 2015

Información multiasunto do director xeral de Función Pública

Convocou unha xuntanza o director xeral da Función Pública o xoves 7 de maio, para explicar varios puntos que ían ir á Mesa Xeral do venres, 8 de maio, na orde do día e alixeirar a duración desta. Finalmente na Mesa Xeral se meteu tamén unha modificación da RPT de Traballo para poder incluír varios dos postos desta consellaría no vindeiro concursos de traslados de persoal funcionario.

A continuación vai información sobre os seguintes temas: concursos de traslados, procesos selectivos (incluída a promoción interna de persoal funcionario), escalas e paga extra 2012.

Paga extra 2012


Informa do que xa sabíamos trala emenda e aprobación da lei de emprego público: que cobraríamos o 24% da paga extra do 2012. Esta cantidade é lixeiramente superior á parte devengada no caso do persoal funcionario e signficativamente superior a esta no caso do persoal laboral tal como xa explicabamos. O caso é cando cobraremos. Non antes da entrada en vigor da lei de emprego público, non antes da data das eleccións municipais. Na reunión, o director dixo que coa nómina de xuño mais o luns, 11 de maio, a Voz de Galicia fala do mes de maio.



Concurso de traslados

 

  • Corpos especiais: para outono (comunicado na Mesa Xeral)
  • Persoal laboral : pendente de refundición de varias escalas que retomaran en xuño.
  • Escala persoal veterinario: están a preparar o concurso de veterinarios, polo que traen a modificación da RPT que consiste na substitución de méritos específicos en tres postos de xeito que así queden todos unificados, para podelos meter no concurso. Podería entrar en Mesa antes do verán, e convocatoria en setembro.
  • Escalas persoal sanitario lei 17: din que o concurso vai saír e que negociaran no ámbito das mesas sanitarias e de administración xeral.


Procesos selectivos

 

  • Acceso libre corpos xerais: van enviar os borradores das convcoatorias de A1/A2 da OPE 2015 e do C1/C2 da OPE 2013. Prazo amplo de alegacións.
  • Fianazas: teñen intención de sacalo maio/xuño


Escalas



  • Escalas de Asuntos Sociais: En xuño queren retomar a discusión da refundición de categorías laborais. Se houbese acordo, convocarían o concurso de persoal laboral inmediatamente coas categorías que quedasen para ser de laborais. O proceso de funcionarización das escalas de asuntos sociais comezaría tamén en breve.
  • Escalas a encadrar no novo grupo B: Non teñen intención neste ano de desenvolver o grupo B de persoal funcionario (técnicos/as superiores).



Ningún comentario:

Publicar un comentario