Remite Función Pública unha nova proposta de modificación da RPT da ATRIGA. Trátase da amortización de 4 novos postos que actualmente están ofertados na listaxe de postos do concurso xeral publicado no DOG do 20 de maio:
FC.A02.00.000.15770.003 XEFATURA DE EQUIPO (A1A2; nivel 25)
FC.A02.00.000.15770.020 XEFATURA GRUPO (C1C2; nivel 14)
FC.A02.00.000.15770.025 XEFATURA GRUPO (C1C2; nivel 14)
FC.A02.00.000.15770.026 XEFATURA GRUPO (C1C2; nivel 14)
Na propia memoria económica que remite a ATRIGA fala da intención de crear máis adiante, co orzamento destas 4 prazas vacantes que se amortizarán, outras tres novas: unha xefatura sección A1A2C1 e dúas xefaturas de negociado A2C1C2 para corpos xerais (ambos os 3 postos con formación específica en xestión económica e materia tributaria).
Desta volta xa achega dunha soa tacada todas as convocatorias de reunións (3 en 1): hai Mesa Xeral e Comisión de Persoal o mércores, 27 de maio e unha reunión previa o luns 25 de maio para contarnos a película e, obviamente, que pensan facer con relación ao concurso.
Recordamos que vai nada publicouse no DOG do 15 de maio unha recente modificación da ATRIGA precisamente por mór de meter unha relación de postos no concurso xeral. O director xeral da Función Pública comentou que se trata dun erro material e que van proceder a súa inmediata amortización e a retiralas do buzón. En breve no DOG e en breve, de novo, outra nova versión do buzón de postos.
O que nos pon en alerta, aínda que non descartamos o erro, é un recente anuncio dunha comisión de servizos nun posto de nivel 25 que quitaron do buzón do concurso por "vindeira amortización". Trátase do seguinte:
ED7010000115770014 XEFATURA SECCIÓN HABILIT. PROF. CENTROS PRIVADOS
Este posto figura na RPT (DOG 16/05/2013) por cobertura por concurso. Non sabemos se se trata dun abuso da potestade autorganizativa da Administración para poñer e quitar postos do concurso arbitrariamente, ou ben que a verdadeira intención da consellaría é transformalo en Concurso específico. O que está claro é que non pretenden amortizalo pois élles necesario, senón non ten sentido que o cubran en comisión de servizos.
O caso é que no último buzón ao que tivemos acceso antes do publicado no DOG, a proposta da consellaría de "non ofertar por vindeira amortización" aínda non tiña resposta de Función Pública. Isto esixe, cando menos, unha aclaración.
O caso é que no último buzón ao que tivemos acceso antes do publicado no DOG, a proposta da consellaría de "non ofertar por vindeira amortización" aínda non tiña resposta de Función Pública. Isto esixe, cando menos, unha aclaración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario