O persoal funcionario de carreira que a partir da entrada en vigor da presente lei acceda aos postos directivos a que fai referencia esta disposición manterase na situación de servizo activo, con reserva do posto de traballo que ocupase con carácter definitivo no momento do nomeamento, de o devandito posto se ter obtido mediante concurso.
Esto é o que establece a disposición transitoria terceira (punto cuarto) da lei de emprego público e este parágrafo esta a causar inquedanza máis que xustificada entre o persoal funcionario que non é persoal directivo, de cara ao actual concurso de traslados en activo.
A inquedanza vólvese maior cando se le o punto primeiro da dita disposición transitoria pola que todo persoal funcionario que ocupe un posto de subdirección, vicesecretaría, secretaría territorial ou xefatura territorial, terá a condición de persoal directivo; iso si, de xeito transitorio ata que se aprobe regulamentariamente o réxime xurídico do persoal directivo.
Quere dicir eso que ese persoal vai poder concursar, coller os mellores
postos neste concurso en activo e seguir no seu posto de persoal directivo?
Se nos atemos ao teor literal da lei, esta fala do persoal nomeado con posterioridade á entrada en vigor da lei. Ou sexa, que o persoal directivo que xa esta nomeado no seu posto non ten reserva algunha de posto pois xa estaban en servizo activo nun posto con carácter permanente, asimilable a unha LD (ou directamente libre designación nos casos dos postos de subdireccción).
Pero aquí é cando vén a casuística e aí cabe de todo. O persoal directivo que sexa persoal funcionario pode concursar? En principio as bases non llo impiden, aínda que non contemplan a súa especificidade. É persoal funcionario e está en servicio activo. Por exemplo, no caso do persoal en libre designación xa se indica específicamente que pode concursar sen ser necesario o mínimo dos 2 anos no posto
Ben, se alguén concursa e obten un posto: 1) obteno por criterios obxectivos e méritos propios (o que debera ser o habitual en todos os postos públicos) pero 2) o destino é irrenunciable salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública. Así pois, tería que tomar posesión no posto obtido por concurso. Outra cousa é que esa posesión sexa efectiva ou que poda botar nel un día porque ao día seguinte volve ao seu posto directivo de orixe, primeiro en adscrición temporal/comisión de servizos e logo de novo en titularidade (cando saia outra vez a convocatoria que vai gañar esa mesma persoa) coa garantía desta transitoria de reserva do posto obtido por concurso.
Esta xogada é completamente legal pero totalmente inmoral e podíamos mesmo considerala un "abuso de Dereito". Curiosamente, recorda bastante ao que pasou o ano pasado coas decenas de persoas que ocupaban postos de libre designación (ou de persoal directivo) sen convocar e que ficaban obrigadas a concursar, que coparon as xefaturas de sección e non lles deu tempo a renunciar. Logo, no mellor dos casos o posto quedaba vacante e era cuberto en comisión de servizos e volta a comezar.
E dicimos no "mellor dos casos" pois no peor, á persoa autorizábaselle unha comisión de servizos cruzada noutro posto de libre designación da mesma unidade administrativa e a facer as mesmas funcións pero cunha praza reservada por concurso. Nós mandámoslle a Función Pública unha cantas e nalgún caso nos contestaron que o directorio telefónico estaba desactualizado... cando a información que tiñamos a tiñamos polo resto do persoal da unidade.
Daquela o único compromiso do director xeral da Función Pública fora que todo o mundo ía ter que tomar posesión e que non se ían autorizar novas comisións de servizos "por un tempo prudencial". Ao final, o conto terminou en que non se autorizaban comisións de servizo no posto de libre designación que deixaron polo obtido no concurso, pero non se controlaban as comisións cruzadas e moito menos a incorporación real trala teórica toma de posesión.
O caso é, que vai pasar agora co persoal directivo? Pode pasar de todo, pero nós demandamos ao director xeral que non permitan esas xogadas retorcidas e o abuso da transitoria terceira que xa de por si resulta un abuso das leis feitas para @s de arriba. De feito, é un dereito que non se contempla para o persoal en libre designación. Cousa, por outra banda, entendible, pois co novo panorama da lei de emprego público o único persoal de libre designación que vai quedar vai ser as secretarias e secretarios de altos cargos*. Recordemos que as xefaturas de servizo e habilitacións (nivel 25) pasan a concurso específico e as subdireccións son consideradas postos de persoal directivo.
A CIG votou en contra da nova lei de emprego público, entre outras moitas cousas, pola figura do persoal directivo, unha figura de pseudo-alto cargo, que pretende establecer un control político máis férreo da Administracións, innecesaria desde o punto de vista técnico, sen o carácter de independencia como imperativo legal dos postos de persoal funcionario, cunhas condicións laborais moi opacas e no que poden facer un desenbarco de xente de fóra da Administración para postos, por exemplo, das axencias.
*con carácter xeral as xefaturas de servizo serán por concurso específico e as subdireccións serán equivalentes a persoal directivo.
*con carácter xeral as xefaturas de servizo serán por concurso específico e as subdireccións serán equivalentes a persoal directivo.
Gracias pola aclaración, bo traballo!! Ainda que o claro é que non está nada claro...haberá que estar de vixiancia e inspeción.
ResponderEliminarGracias pola aclaración, bo traballo!! Ainda que o claro é que non está nada claro...haberá que estar de vixiancia e inspeción.
ResponderEliminar