ÚLTIMA HORA (06/05/2015): recibida convocatoria de Mesa Xeral para este venres, 8 de maio, coa proposta de convocatoria do concurso.
Existen 1673 postos vacantes dos que 402 aparecen con algunha coletilla de que "non se ofertarán"; 302 destes "non se ofertarán" porque van ser, ou xa foron, amortizados.
Tras varios meses traballando neste tema, deulle a Administración aos sindicatos acceso ao buzón de postos vacantes de persoal funcionario de corpos xerais. Deste buzón, poden sacarse listaxes e, para non variar, sempre se botan en falta algúns e tamén, para non variar, aparecen unha chea deles coa coletilla de "non se ofertará por vindeira amortización"(ou semellante).

Así pois, ollo, a primeira observación que queremos facer é que estes días podedes ver rular por aí multitude de versións de follas de cálculo con lixeiros cambios entre unhas e outras. De feito, o martes, 5 de maio, Función Pública comunicounos que faltaban una serie de comentarios nalgunhas prazas do buzón, que estaban no estado de pendentes e por iso non os recolleu a aplicación. Son fundamentalmente os da Consellería de Facenda, ainda que hai tamén algúns doutras consellerías.
Descargar buzón de postos actualizado a 05/05/2015
Moi importante á hora de ler os comentarios (últimas columnas): a primeira destas columnas é a da consellaría, a seguinte o que escribe Función Pública e a terceira o que escribiu o sindicato que volca a listaxe de postos. O buzón é unha base de datos viva, co cal van aparecendo comentarios e mesmo ata novos postos. Veredes que hai comentarios das consellarías que aínda non teñen resposta de Función Pública que na maior parte dos casos é coincidente. E por suposto veredes que moitos dos comentarios das consellarías aínda están sen responder polos sindicatos pois aínda está aberto o prazo.

O problema fundamental que se formula agora é o escaso prazo para dixerir os postos que se ofertan (e os que non), facer un seguimento en condicións e ter tempo material para recibir e transmitir as distintas alegacións. O buzón vai estar aberto para os sindicatos ata o xoves, 7 de maio para meter "observacións". E no caso do coñecemento para o común do persoal funcionario non houbo varios prazos, como no caso das consellarías. Non pode ser que no que varios departamentos da Xunta levan traballando desde febreiro, veñan e pensen que se pode ventilar agora en 3 días, máxime cos cambios que aínda están a realizarse.
O número de postos vacantes dispoñibles (1673) vén demostrar que tiñamos razón cada vez que deunciabamos o abuso das comisións de servizo e a necesidade dun concurso, non só de vez en cando, como agora, senón permanente. De feito, a recente lei de emprego público vén de suprimir a coletilla de "anual" da convocatoria dos concursos que si había na anterior lei de función pública. Total, pra o caso que lle facían a este prazo que a Xustiza do noso país interpretaba smpre como orientativo...
Porén, deste número total as consellarías propoñen (e a Función Pública normalmente dipón) non ofertar determinados postos por modificación substancial ou amortización (o 75% das causas). Desdes 1674 postos, o máis seguro é que ao final non terminen saíndo eses 402 postos nas que as consellarías estableceron algún "non ofertar".
Quedándonos só cos postos sen algunha observación de "non ofertar", e como punto de maior interese para o persoal funcionario, xa que é o límite da carreira profesional por criterios obxectivos temos os seguintes niveis 25 e 26:
Nivel 25
- 173 vacantes A1,A2,C1 (83 deles nos Servizos Centrais)
- 9 vacantes A1, A2
- 50 vacantes A1 (a maioría para licenciatura en Dereito e nos Servizos Centrais)
Nivel 26
- 5 vacantes A1 (lic. Dereito)
- 1 vacante A1-A2
Por último, e tamén fixándonos nas que non teñen ningunha observación de "non ofertar", nas localidades de maior retorno do persoal funcionario que traballa nos servizos centrais: temos 103 vacantes en Ourense, 127 en Lugo, 98 en Pontevedra, 88 en Vigo, 158 na Coruña e 19 en Ferrol para a totalidade de grupos e subgrupos.
Entre os postos que se botan de menos, dos que xa nin saen no buzón, son os de nova creación da RPT da AMTEGA (DOG 14/04/2015). Apareceron recentemente ata 4 xefaturas de seccións A1-A2-C1 convocadas en comisión de servizo que non aparecen no buzón como postos vacantes. Supoñemos que se trata dun erro e que en breve se incorporarán ao buzón como vacantes que son.
http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=7803
http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=7804
http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=7708
http://www.xunta.es/comisions/ConsultarAnuncio.do?id=7709

E aquí está a chave dos concursos: está obrigada a Administración a ofertar todos os postos vacantes? A interpretación sindical é que si, porén aquí nos atopamos de fronte coa potestade organizativa da Administración, moi recurrente na xurisprudencia do contencioso, e que nas ordes das convocatorias se recolle como: relación de postos de traballo vacantes dotadas orzamentariamente e cuxa provisión se considera necesaria.
E así podemos estar discutindo en todas as convocatorias de concurso o que se considera de necesaria cobertura, ou se unha liña de "proposta de amortización" ou "modificación substancial" (sen maior xustificación nin previsión) chega para quitar unha praza do concurso público. O que resulta necesario é definir regulamentariamente (e deixar xa definido) que prazas se entenden en todo caso de necesaria cobertura e non estar a cada concurso coa mesma loita para que despois a Administración faga o que considere dentro da súa "potestade organizativa". Por suposto, tamén resultaría máis interesante que estas vacantes se foran cubrindo a medida que se producen e camiñaramos cara un concurso permanente que automatice e naturalice o normal desenvolvemento do dereito á mobilidade de todo persoal funcionario.
ÚLTIMA HORA (06/05/2015): recibida convocatoria de Mesa Xeral para este venres, 8 de maio, coa proposta de convocatoria do concurso. Esto vai rápido e parece que cobran forza os ruxe-ruxes que falaban da publicación da convocatoria antes da entrada en vigor da Lei de Emprego Público. Trala Mesa Xeral informaremos das intencións da Función Pública.

Ningún comentario:
Publicar un comentario