Volve convocar a EGAP novas actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza, tanto de carácter presencial como de teleformación.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán
realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no
enderezo: http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de
inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da
data de finalización. O número máximo de actividades formativas que se pode solicitar é de cinco.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario